P.E. As Gandaras (Lugo)
P.E. As Gandaras (Lugo)
O parque empresarial das Gándaras (Lugo) conta cunha superficie total de 2.135.512 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 1.092.205 metros cadrados. O parque reúne 237 parcelas.
A promoción deste ámbito está xestionada por Xestur Galicia, que está a desenvolver a súa construción por diferentes fases. Así, as fases I, II e III, que suman máis dun millón de metros cadrados de solo empresarial, xa están esgotadas. As fases IV, V e VII-A, que suman 218.456 m2 concluíron as obras de urbanización a comezos do ano 2026. Ademais, están en fase de tramitación as fases VI e VII-B, que engadirán 352.153 m2 máis. A execución das fases VII e IX, que sumarán 535.833 m2, farase en función da demanda.
Este parque está localizado na zona norte, lindando co polígono do Ceao, que xuntos conforman a zona industrial máis importante da cidade de Lugo. Conta cun acceso directo á autovía do Noroeste (A-6) a 4 quilómetros.
Dispón de conexión co porto da Coruña a través de vías de alta capacidade, localizado a 94 km, e cos aeroportos da Coruña (88 km) e de Santiago-Rosalía de Castro (95 km).
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 2.135.512,00
- Superficie de parcelas (m²) 1.092.205,00
- Número de parcelas 237
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT e MT Alumeado público Rede de telefonía e comunicacións (fibra óptica) Abastecemento Saneamento separativo: rede pluviais e rede residuais Rede de auga recirculada Rede de gas Posibilidde acceso Estación Mercancias Ferrocarril