P.E. Muimenta
P.E. Muimenta
O parque empresarial de Muimenta, situado no concello lucense de Cospeito, dispón de 42.279 metros cadrados de superficie total, dos que 27.020 metros cadrados son de uso empresarial. Na actualidade están dispoñibles 13 das 22 parcelas, que suman 13.646 m2.
O parque inaugurouse en 1999, froito dunha actuación de Xestur Galicia en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello de Cospeito. Está deseñada unha posible ampliación, de 111.000 m2, que se desenvolverá en función da demanda empresarial.
Está localizado nas proximidades do casco urbano da localidade de Muimenta, na estrada LU-120 de Vilalba a Meira. Ten conexión coa autovía do Cantábrico (A-8) a 19 quilómetros e coa autovía do Noroeste a 30 km. A cidade de Lugo está a 35 km e o porto de Burela a 67 km. O aeroporto da Coruña está a 93 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 42.279,00
- Superficie de parcelas (m²) 27.020,00
- Número de parcelas 22
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede telefonía e telecomunicacións Abastemento Saneamento Pluviais