P.E. A Sionlla
P.E. A Sionlla
O parque empresarial da Sionlla (Santiago de Compostela, A Coruña) conta cunha superficie de case 1,4 millóns de m2, dos que 758.278 son de uso empresarial. Na actualidade non hai solo dispoñible, agás as sete parcelas reservadas para o polo Biotech, case 64.000 m2.
Inaugurado no ano 2012, conforma unha área de solo empresarial das máis grandes de Galicia, xunto cos polígonos do Tambre e Costa Vella que, en conxunto, suman 3 millóns de m2. Na actualidade está en fase de tramitación o Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) para a ampliación da Sionlla, que sumará 381.434 m2 máis.
Localizado na zona norte da capital de Galicia, ten acceso directo á autoestrada do Atlántico (AP-9) e á autovía Santiago-Lugo (A-54). O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está 9 km e o porto da Coruña a 68 km, mentres que o de Vilagarcía de Arousa está a 60 km.
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 1.382.799,00
- Superficie de parcelas (m²) 758.278,00
- Número de parcelas 145
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en MT/BT Alumeado público Rede telecomunicacións Abastecemento Saneamento fecais. Saneamenteo pluviais Gas