P.E. Campiño
P.E. Campiño
O parque empresarial do Campiño, no concello de Pontevedra, dispón de 412.331 metros cadrados totais e 262.753 metros cadrados de superficie de uso empresarial. Dispón de 89 parcelas, que están todas ocupadas.
O parque, promovido por Xestur Galicia e desenvolvido en dúas fases, está integrado nunha área loxística empresarial da comarca de Pontevedra formada polos parques empresariais lindeiros da Reigosa (Ponte Caldelas) e a Central de Transportes de Ponte Caldelas.
Na actualidade está en tramitación a ampliación deste ámbito, para incrementar a súa superficie en 160.044 metros cadrados, dos que 89.189 serán de uso empresarial.
Localizado a 8 quilómetros de Pontevedra, dispón de boas comunicacións por vías de alta capacidade: o acceso á autovía Pontevedra-A Caniza (A-57) está a 4 km e a conexión coa autoestrada do Atlántico (AP-9), a 8 km. Ademais, o porto de Marín-Pontevedra está situado a 13 km e o aeroporto de Vigo-Peinador, a 32 km.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 412.331,00
- Superficie de parcelas (m²) 262.753,00
- Número de parcelas -
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
Servizos non dispoñibles.