P.E. Carballiño
P.E. Carballiño
O parque empresarial do Carballiño (Ourense) conta cunha superficie de 341.395 metros cadrados, dos que 237.460 m2 están destinados a uso industrial. Na actualidade só hai dispoñible unha parcela de 2.158 m2, aínda que está prevista unha nova ampliación que incrementará en 886.478 m2 a súa dimensión actual.
Promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e xestionado por Xestur Galicia, esta área industrial multiplicará por 2,6 a súa superficie unha vez que remate a tramitación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE), que está pendente da aprobación definitiva, e que inclúe tamén terreos do concello lindeiro de Maside.
Localizado a 4,7 quilómetros da autoestrada Central Galega (AP-53), que une Santiago con Ourense, está a 30 km da capital da provincia de Ourense e a 82 de Santiago. O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está a 92 km. As infraestruturas portuarias máis próximas son os portos de Marín-Pontevedra, a 77 km, e o de Vigo, a 100 km, aínda que os tempos de recorrido son semellantes.
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 341.395,00
- Superficie de parcelas (m²) 237.460,00
- Número de parcelas 44
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Rede de abastecemento de auga potable e contra incendios Saneamento de augas residuais e pluviais Enerxía eléctrica BT e MT Rede de telefonía e telecomunicacións Alumedo público