P.E. Barco de Valdeorras
P.E. Barco de Valdeorras
O parque empresarial Barco de Valdeorras (Ourense) conta cunha superficie total de 292.648 metros cadrados, dos que 220.057 m2 son de uso industrial. Na actualidade hai 7 parcelas dispoñibles, que suman 22.941 m2.
Xestionado por Xestur Galicia, comezou a venda de pardelas no ano 2007 e está localizado na marxe esquerda do río Sil, no corazón da comarca de Valdeorras, con acceso directo á estrada N-120 Logroño-Vigo. Este parque empresarial ten especial importancia nunha zona de gran riqueza industrial, principalmente no sector da lousa, e a pola súa proximidade coa comarca do Bierzo (León).
Está a 112 quilómetros da cidade de Ourense e a 128 de Lugo. A conexión coa autovía do Noroeste (A-6) está a 33 km, no Bierzo, que lle permite o acceso á Meseta e ao resto do territorio nacional. O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está a 212 km, mentres que o de León, a 153. Os portos máis próximos son os de Vigo (207 km) e o da Coruña (220 km).
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 292.648,00
- Superficie de parcelas (m²) 220.057,00
- Número de parcelas 64
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais