P.E. Celanova
P.E. Celanova
O parque empresarial de Celanova ten unha dimensión total de 74.100 metros cadrados, dos que 63.387 m2 son superficie útil. Na actualidade tan só queda unha parcela libre, de 3.274 m2.
Este ámbito de uso empresarial foi promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na década dos anos 90 do século pasado e está xestionado por Xestur Galicia.
Localizado na comarca de Terra de Celanova, ten acceso á autovía Ourense-Celanova (AG-31) a 1,7 quilómetros, que conecta coa autovía das Rías Baixas (A-52) a 16 km. A cidade de Ourense está a 29 quilómetros e o aeroporto de Vigo, a 115 km. O porto de Vigo está a 130 km.
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 74.100,00
- Superficie de parcelas (m²) 63.387,00
- Número de parcelas 43
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Los precios de las parcelas ofertadas son válidos salvo error tipográfico o informático.
* Parcelas con precio bonificado tras aplicar las bonificaciones aprobadas por la Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais