P.E. Pazos-Verín
P.E. Pazos-Verín
O parque empresarial de Pazos-Verín (Ourense) ten unha superficie total de 284.303 metros cadrados, dos que 129.301 m2 son de superficie útil. Na actualidade só quedan libres dúas parcelas que suman en total 3.686 m2.
Este ámbito empresarial foi promovido pola entidade pública Sigalsa na década dos anos 80 do século pasado e, posteriormente, polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Localizado moi próximo ao núcleo urbano do municipio de Verín, capital da comarca de Verín, ten unha importancia estratéxica, xa que está moi próximo á fronteira portuguesa. De feito, ten conexión a 4 quilómetros coa autovía das Rías Baixas (A-52) e coa autovía Verín-Fronteira Portuguesa, que despois segue como autoestrada Transmontana (A24).
Esta situación permite conexións mediante vías de alta capacidade cos portos de Vigo (170 km) e Leixões (Porto, Portugal), que está a 180 km. O aeroporto de Vigo está a 153 km e o aeroporto Sá Carneiro (Porto) está a 173 km. A cidade de Ourense está a 68 quilómetros de distancia mentres que Chaves (Portugal), a 30 km.
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 284.303,00
- Superficie parcelas (m²) 129.301,95
- Número de parcelas 12
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais