P.E. Central de Transportes
P.E. Central de Transportes
O parque empresarial Central de Transportes está localizado no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) e conta cunha superficie total de 322.815 metros cadrados, dos 126.150 m2 son de uso empresarial. Na actualidade hai dúas parcelas dispoñibles, que suman 6.778 metros cadrados.
Promovido por Xestur Galicia, foi concibido como un centro loxístico para empresas con necesidades de transporte, distribución e almacenaxe, xa que constitúe unha extensión do parque empresarial de San Cibrao das Viñas e está próximo ao Parque Tecnolóxico de Galicia e ao parque empresarial do Pereiro de Aguiar. Xuntos conforman o cinto industrial da área metropolitana de Ourense.
A conexión coa autovía das Rías Baixas (A-52) está a 7 quilómetros, que conecta co aeroporto de Vigo (98 km) e o porto de Vigo (113 km). A cidade de Ourense está a 10 quilómetros.
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 344.244,47
- Superficie parcelas (m²) 125.448,00
- Número de parcelas 19
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica BT Enerxía eléctrica MT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais Rede contra incendios