P.E. Parque Tecnolóxico
P.E. Parque Tecnolóxico
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) é o principal polígono científico-tecnolóxico de Galicia e está orientado á innovación, á investigación e ao desenvolvemento empresarial avanzado. Conta cunha superficie de 595.000 metros cadrados, dos que 264.000 son de uso empresarial.
Localizado no concello de San Cibrao das Viñas, próximo a Ourense, conforma cos parques empresariais de San Cibrao das Viñas e O Pereiro de Aguiar un cinto industrial da área metropolitana da capital ourensá. Na actualidade hai 13 parcelas dispoñibles que suman 64.477 m2.
O Parque Tecnolóxico de Galicia foi promovido pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia co obxectivo de impulsar a diversificación do tecido produtivo de Galicia e a innovación tecnolóxica. Iniciou o seu funcionamento no ano 1992 e agora acolle diversas empresas e centros tecnolóxicos sectoriais (madeira, carne etc.).
Xunto coa proximidade coa capital da provincia (9 quilómetros), conta con acceso á autovía das Rías Baixas (A-52) a 10 km, que conecta coa aeroporto de Vigo (101 km) e o porto desta cidade (116 km).
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Cons-Industría
- Superficie total (m²) 423.272,00
- Superficie parcelas (m²) 0,00
- Número de parcelas 0
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
Servizos non dispoñibles.