P.E. O Corgo
P.E. O Corgo
O parque empresarial do Corgo (Lugo) conta cunha superficie de 144.159 metros cadrados e unha superficie de uso empresarial de 92.284 metros cadrados. As 36 parcelas iniciais están ocupadas, polo que non hai solo dispoñible.
A tramitación do parque comezou en 2002 e a súa promoción corresponde a Xestur Galicia, co obxectivo de consolidar solo empresarial nun municipio situado no corredor interior da provincia de Lugo. Está en fase de tramitación o Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) para a ampliación deste ámbito, que prevé crear 203.089 metros de solo empresarial, dos que 118.244 serán de superficie útil.
Pola súa localización, a carón da autovía do Noroeste (A-6) e con acceso directo, constitúe unha área industrial e comercial estratéxica dada a súa proximidade coa cidade de Lugo, a 13 quilómetros. O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está a 103 km e o da Coruña, a 105, mentres que o porto máis próximo é o da Coruña, a 110 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 144.159,00
- Superficie parcelas (m²) 92.284,00
- Número de parcelas 36
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado Público Rede telefonía e telecomunicacións (fribra óptica) Abastecemento Saneamento Pluviais Depuradora Rede de gas