P.E. Cervo
P.E. Cervo
O parque empresarial de Cervo (Lugo), situado na mesma localidade da comarca da Mariña Occidental, conta cunha superficie total de 570.852 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 285.236 metros cadrados. O ámbito repártese en 76 parcelas e conta con 7 delas dispoñibles, que suman 7.781 m2.
A orixe deste parque sitúase no contexto do desenvolvemento industrial xerado polo asentamento do complexo Alúmina-Aluminio en San Cibrao. Foi promovido por Xestur para atender as necesidades industriais desta localidade.
A súa localización permítelle un acceso directo ao porto de San Cibrao, situado a menos de 3 quilómetros. Tamén conta coas infraestruturas do porto da cidade de Ferrol, a 105 km. A capital da provincia está á mesma distancia e o aeroporto da Coruña, a 125 km. A conexión coa autovía do Cantábrico (A-8) está a 25 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 570.852,00
- Superficie parcelas (m²) 285.236,00
- Número de parcelas 76
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais Posibilidade de acceso a gas