P.E. Foz
P.E. Foz
O parque empresarial de Foz (Lugo), situado na comarca da Mariña lucense, conta cunha superficie total de 103.154 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 61.557 metros cadrados, repartidos en 55 parcelas. Na actualidade non ten parcelas dispoñibles.
Promovido por Xestur Galicia, o ámbito foi concibido para reforzar a estrutura económica da Mariña Central nunha localización vencellada á N-642. O parque está situado no lateral sur da estrada N-642, entre os núcleos de Foz e Fazouro, a 90 km de Lugo.
Os portos máis próximos son os de Burela, a 12 km, e o de San Cibrao (Cervo), a 20 km. A conexión coa vía de alta capacidade máis próxima e coa autovía do Cantábrico (A-8), a 10 km. O aeroporto de Asturias está a 120 quilómetros, mentres que o de Santiago-Rosalía de Castro está a 153 km e o da Coruña, a 148.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 103.154,00
- Superficie parcelas (m²) 61.557,00
- Número de parcelas 55
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT. Alumeado público. Rede de telefonía e telecomunicacións. Abastecemento. Saneamento separativo: rede de pluviais e rede de residuais