P.E. Lourenza
P.E. Lourenza
O parque empresarial de Lourenzá (Lugo) ten unha superficie total de 120.174 metros cadrados e unha superficie de uso empresarial de 77.771 metros cadrados. Dispón de 17 parcelas e 5 delas están dispoñibles, que suman 7.380 m2.
Promovido e xestionado por Xestur Galicia, iniciou a súa tramitación no ano 2000. Está localizado na zona denominada Pousada, na marxe dereita da estrada N-634 e próxima ao núcleo urbano de Lourenzá, localidade integrada na comarca da Mariña Central.
Este parque conta con acceso á autovía do Cantábrico (A-8) a 3 quilómetros e está a 70 km da cidade de Lugo. Está situado a 123 km do aeroporto da Coruña e a 121 do aeroporto de Asturias. Dada a súa proximidade coa costa da Mariña lucense, ten o porto de Burela a 21 km e o de San Cibrao, a 35.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 120.174,00
- Superficie parcelas (m²) 77.771,00
- Número de parcelas 17
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais