P.E. Monterroso
P.E. Monterroso
O parque empresarial de Monterroso (Lugo) conta cunha superficie total de 155.425 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 84.725 metros cadrados. Na actualidade conta con 22 das 72 parcelas dispoñibles, que suman 39.403 metros cadrados.
A tramitación do parque comezou no ano 2000 a través do convenio entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Monterroso para responder á carencia de solo industrial na comarca da Ulloa. Está xestionado por Xestur Galicia.
Este parque está localizado a 37 quilómetros de Lugo e ten acceso á autovía Santiago-Lugo (A-54) a 17 km. O aeroporto máis próximo é o aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, a 88 km. O porto da Coruña está a 138 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 155.425,00
- Superficie parcelas (m²) 84.725,00
- Número de parcelas 72
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais