P.E. Pontenova
P.E. Pontenova
O parque empresarial da Pontenova (Lugo) dispón dunha superficie total de 103.662 metros cadrados, dos que 55.875 metros cadrados son de uso empresarial. O parque estrutúrase en 45 parcelas e non conta con ningunha delas dispoñible.
A tramitación do parque comezou en 1992, cando Xestur e o Concello da Pontenova subscribiron un convenio de promoción e xestión urbanística, e empezou a funcionar no ano 1998. Na actualidade está en tramitación a ampliación deste parque, que suporá engadir 10.313 m2 máis.
Localizado na comarca da Mariña Oriental, lindando con Asturias, está a 57 quilómetros de Lugo. O porto máis próximo é o Burela, a uns 50 km, e ten conexión coa autovía do Cantábrico (A-8) a 25 km. O aeroporto da Coruña está a 135 km, mentres que o de Asturias está a 122 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 103.662,00
- Superficie parcelas (m²) 55.875,00
- Número de parcelas 45
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais