P.E. Xinzo de Limia
P.E. Xinzo de Limia
O parque empresarial de Xinzo de Limia (Ourense) conta cunha superficie total de 414.504 metros cadrados, dos que 310.908 son de solo empresarial, tras unha nova ampliación que rematou a comezos de 2026, que supuxo engadir 117.418 m2 máis.
Este parque entrou en funcionamento en 1996, promovido por Xestur Galicia, e na actualidade só están dispoñibles 23 parcelas, que suman 86.521 m2, resultantes da ampliación que rematou a comezos de 2026. Esta actuación forma parte do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo, que permitiría no futuro incrementar en 578.442 m2 máis.
Localizado neste concello da comarca da Limia, está a carón da autovía das Rías Baixas (A-52) que facilita a conexión con Ourense (38 km) e a Meseta. O aeroporto de Vigo está a 124 quilómetros e o porto, a 140 km.
Características urbanísticas
- Provincia Ourense
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 992.921,00
- Superficie parcelas (m²) 711.132,50
- Número de parcelas 79
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía - Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais