P.E. Quiroga
P.E. Quiroga
O parque empresarial de Quiroga (Lugo) dispón de 110.467 metros cadrados totais e unha superficie de uso empresarial de 71.555 metros cadrados. Conta con 88 parcelas e na actualidade non hai ningunha dispoñible.
Promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), entrou en funcionamento no ano 1997 e exerce de dinamizador da economía da comarca de Quiroga, na que ten unha gran relevancia o sector da lousa.
Localízase a carón da estrada N-120 Logroño-Vigo, a 80 quilómetros de Ourense e 87 de Lugo. O acceso máis próximo a unha vía de alta capacidade está a 41 km, a vía rápida de Nadela-Monforte (AG-22), que conecta coa autovía do Noroeste (A-6) a 78 km.
Mantén distancias semellantes cos portos de Vigo (180 km) e A Coruña (180 km) e o mesmo pasa cos aeroportos. O aeroporto da Coruña está a 174 km mentres que o de Santiago-Rosalía de Castro está a 163 km, con tempos de recorrido estimados moi parecidos.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 110.467,00
- Superficie parcelas (m²) 71.555,00
- Número de parcelas 88
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento separativo: rede pluviais e rede residuais