P.E. Taboada
P.E. Taboada
O parque empresarial de Taboada (Lugo) ten 85.979 metros cadrados de superficie total e 49.373 metros cadrados de superficie de uso empresarial. O parque repártese en 47 parcelas e conta con 5 delas aínda dispoñibles que suman 5.400 m2.
A tramitación do parque comezou en 2001, a partir dun convenio entre o Concello de Taboada e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), para atender a demanda das empresas do sector agrario desta localidade da comarca de Chantada. A xestión do mesmo correspóndelle a Xestur Galicia.
Está localizado a 45 quilómetros de Lugo e ten conexión coa autovía Santiago-Lugo (A-54) a 20 km. O aeroporto máis próximo é o de Santiago-Rosalía de Castro, a 75 km, mentres que os portos máis próximos son os da Coruña (107 km) e o de Vilagarcía (114 km). Tamén conta cun acceso á autoestrada Central Galega (AP-53) en Lalín, a 48 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 85.979,00
- Superficie parcelas (m²) 49.373,00
- Número de parcelas 47
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento separativo: rede pluviais e rede residuais