P.E. Vilalba
P.E. Vilalba
O parque empresarial de Vilalba (Lugo) conta cunha superficie total de 272.136 metros cadrados, dos que 206.350 metros cadrados son de uso empresarial. O parque distribúese en 103 parcelas e non queda ningunha dispoñible.
A súa posta en marcha, promovida por Xestur Galicia, dividiuse en dúas actuacións: unha primeira, que se executou entre os anos 1984 e 1993; e a segunda actuación, desenvolvida na súa totalidade entre os anos 2001 e 2010.
O parque localízase a 1,5 quilómetros do núcleo urbano de Vilalba e converteuse no principal núcleo industrial da comarca da Terra Chá, con empresas especializadas nos sectores cárnico e lácteo, entre outros de ámbito primario.
Con acceso mediante a estrada N-634, ten conexión coa autovía do Cantábrico (A-8) a 3 km e a autovía do Noroeste (A-6) a 20 km. A cidade de Lugo está a 40 quilómetros. O porto de Ferrol está a 66 km, con conexión mediante a autovía Ferrol-Vilalba (AG-64). O aeroporto da Coruña está a 81 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 272.136,00
- Superficie parcelas (m²) 206.350,00
- Número de parcelas 103
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais Depuradora Posibilidade acceso rede de gas