P.E. Viveiro
P.E. Viveiro
O parque empresarial de Viveiro (Lugo) dispón de 130.446 metros cadrados de superficie e 84.394 metros cadrados de solo de uso empresarial. Conta con 44 parcelas e na actualidade 6 delas están dispoñibles, que suman 25.813 m2.
O parque foi promovido por Xestur Galicia e está en funcionamento dende o ano 2011. Esta actuación buscaba reforzar a base industrial e loxística dun dos principais núcleos urbanos da Mariña lucense.
Situado na zona de Landrove, a carón da estrada C-640 de Viveiro a Betanzos, o parque está localizado a 96 quilómetros de Lugo e 85 km de Ferrol. Ten acceso ao porto de Celeiro, a 7 km, e ao porto de San Cibrao, a 22 km. O aeroporto da Coruña está a 102 km e a conexión cunha vía de alta capacidade máis próxima é coa autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), que está a 34 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 130.446,00
- Superficie parcelas (m²) 84.394,00
- Número de parcelas 44
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT e MT
- Alumeado público
- Rede telefonía e telecomunicacións
- Abastecemento
- Saneamento
- Pluviais
- Rede de gas