P.E. Xermade
P.E. Xermade
O parque empresarial de Xermade (Lugo) conta cunha superficie total de 60.000 metros cadrados, dos que 39.683 m2 son de uso empresarial. O parque estrutúrase en 42 parcelas e conta con 8 delas dispoñibles, que suman 6.977 m2.
Promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), está en activo dende o ano 2002 e a xestión do mesmo correspóndelle a Xestur Galicia.
Está situado a 53 quilómetros de Ferrol e a 55 km de Lugo. Conta con acceso á autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) a 6,3 km, que lle permite unha boa conexión co porto de Ferrol, e á autovía do Cantábrico (A-8), a 12 km. O aeroporto da Coruña está a 72 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 60.000,00
- Superficie parcelas (m²) 39.683,00
- Número de parcelas 42
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluvias