P.E. Xove
P.E. Xove
O parque empresarial de Xove (Lugo) dispón de 103.122 metros cadrados e 65.745 metros cadrados de superficie de uso empresarial. Conta con 59 parcelas e na actualidade non hai solo dispoñible.
En funcionamento dende o ano 1999, foi promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Na actualidade, Xestur Galicia, que é a entidade responsable da súa xestión, ten en marcha a tramitación do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (PEOSE) de ampliación, que prevé engadir 88.238 m2 máis de superficie para atender as demandas empresariais de máis solo industrial.
O parque sitúase a carón da estrada C-642 Viveiro-Xove, cunha inmellorable accesibilidade á rede viaria xeral. Localízase a 95 quilómetros de Ferrol e do seu porto, aínda que conta con outras infraestruturas portuarias máis próximas, como é o caso do porto de San Cibrao (Cervo), a 9 km, e o porto de Celeiro (7 km).
A cidade de Lugo está a 110 quilómetros e o aeroporto da Coruña, a 115 km. A conexión coa vía de alta capacidade máis próxima é a autovía do Cantábrico (A-8), a 33 km.
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Igvs
- Superficie total (m²) 103.122,00
- Superficie parcelas (m²) 65.745,00
- Número de parcelas 59
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais