P.E. Porto seco Monforte
P.E. Porto seco Monforte
O parque empresarial Porto Seco de Monforte conta cunha superficie total de 307.053 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 161.308 metros cadrados. O ámbito dispón de 16 parcelas e 10 delas están dispoñibles, que suman 35.444 m2.
Esta actuación foi promovida pola Dirección Xeral de Transportes, xunto co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e Xestur Galicia, para impulsar unha área loxística e intermodal no porto seco de Monforte de Lemos (Lugo), xa que a estación de tren desta localidade é un dos principais nós ferroviarios do noroeste de España.
Dado o seu interese estratéxico, está en fase de tramitación a ampliación da fase 2, que suporá sumar 117.418 m2 máis, dos que 86.521 serán de superficie útil. O obxectivo é contribuír a optimización funcional do sistema ferroviario e a unha articulación dun sistema intermodal entre o tren e outros medios de transporte.
Localizado na área de influencia da estación ferroviaria da capital da comarca da Terra de Lemos, está conectada coa cidade de Lugo (64 quilómetros) mediante a vía de alta capacidade Sarria-Monforte de Lemos (AG-22) e o corredor Lugo-Sarria (CG-2.2), que lle permite o acceso á autovía do Noroeste (A-6) e á autovía Santiago-Lugo (A-54) en Nadela, a 55 km. Ourense está a 52 km de distancia, onde ten acceso á autovía das Rías Baixas (A-52).
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro é o máis próximo, a 130 km, e mantén unha distancia similar cos portos de Vigo (150 km) e da Coruña (157 km).
Características urbanísticas
- Provincia Lugo
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 307.053,00
- Superficie parcelas (m²) 53.993,00
- Número de parcelas 21
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT e MT Alumeado público Rede de telefonía e telecomunicacións Abastecemento Saneamento separativo: rede de pluviais e rede de residuais Rede de gas