P.E. Arzua
P.E. Arzua
O parque empresarial de Arzúa (A Coruña) conta cunha superficie total de 97.435 m2 e ten acceso desde a estrada N-547 Santiago-Lugo. A superficie útil ascende a 64.554 m2.
A tramitación do parque comezou en 1991, mediante un convenio entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Arzúa, e desenvolveuse en dúas fases. A superficie de uso industrial divídese en 35 parcelas, das que só hai unha parcela dispoñible para equipamento social-comercial.
O parque empresarial de Arzúa está localizado a menos de 40 km de Santiago de Compostela e a 25 km do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. A conexión coa autovía Santiago-Lugo (A-54) está a 3,5 km.
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 97.435,00
- Superficie parcelas (m²) 64.554,00
- Número de parcelas 40
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT/MT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais