P.E. As Pontes
P.E. As Pontes
O parque empresarial de Penapurreira-As Pontes (A Coruña) conta cunha superficie de 325.000 m2, dos que 167.785 son de superficie útil. Con acceso directo á estrada AC-564, que á súa vez ten un enlace coa autovía AG-54 Ferrol-Vilalba.
O parque empresarial de Penapurreira foi construído dentro das actuacións previstas no “Plan de desenvolvemento económico-industrial para As Pontes de García Rodríguez”, para impulsar a creación de empresas e diversificación do tecido produtivo das Pontes de García Rodríguez, alleas á minería do carbón. Na actualidade non conta con superficie dispoñible.
Está situado a 42 km do porto de Ferrol, conectado mediante a autovía AG-54, e a 64 km do aeroporto da Coruña.
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 325.000,00
- Superficie parcelas (m²) 167.785,00
- Número de parcelas 14
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT/MT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais