P.E. Negreira
P.E. Negreira
O parque empresarial de Negreira (A Coruña) conta cunha superficie de 129.905 m2, dos que 73.675 son útiles para uso empresarial, distribuídos en 30 parcelas.
Inaugurado en 2021, foi promovido por Xestur Galicia e está localizado na comarca da Barcala, xunto á estrada AC-544, que conecta Santiago de Compostela coa Costa da Morte. Na actualidade tan só hai una parcela dispoñible, de 2.606 m2, e gran parte da súa superficie está ocupada pola Plataforma Loxística do Sergas.
Dispón dunha boa accesibilidade, xa que ten conexión coa autovía Santiago-Brión (AG-56) a 14 km, que lle permite o acceso á autoestrada do Atlántico (AP-9). A cidade de Santiago de Compostela está a 26 km e o aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, a 38 km. Ademáis, está nunha situación intermedia entre os portos de Vilagarcía de Arousa (60 km) e o da Coruña (80 km).
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 129.905,00
- Superficie parcelas (m²) 73.675,00
- Número de parcelas 30
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT/MT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais