P.E. Arteixo
P.E. Arteixo
O parque empresarial de Arteixo (A Coruña) ten máis de 1,5 millóns de m2 dos que máis de 1 millón m2 son de superficie útil, dividida en 164 parcelas. Na actualidade, hai 72 parcelas dispoñibles, que suman 212.113 m2.
Esta actuación, coñecida tamén como o parque empresarial de Morás, foi promovida pola Xunta de Galicia a través de Xestur Galicia para impulsar o asentamento de empresas nunha área estratéxica pola súa proximidade co porto exterior da Coruña e o acceso directo ás vías de alta capacidade como son a autovía do Noroeste (A-6) e a autovía A Coruña-Carballo (AG-65), xunto coa súa capacidade para aglutinar o crecemento da área metropolitana da Coruña.
O parque empresarial, que está en funcionamento desde 2020, execútase en catro fases diferentes para dar resposta á demanda. Así, as fases A e B, que suman máis de 1.150.000 m2, están comercializadas e só quedan libres 15 parcelas que suman 43.118 m2. A fase C, de 227.554 m2, rematou as obras de urbanización a finais de 2025 e iniciou a súa venda a comezos de 2026. A fase D, con 148.264 m2, aínda non iniciou a súa tramitación.
Está situado a 10 km da Coruña e a 15 km do aeroporto da Coruña. O porto exterior de Punta Langosteira atópase a poucos quilómetros.
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 1.528.310,00
- Superficie parcelas (m²) 996.542,00
- Número de parcelas 164
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en MT/BT
- Alumeado público
- Rede telecomunicacións
- Abastecemento
- Saneamento fecais.
- Saneamenteo pluviais
- Gas