P.E. Arbo
P.E. Arbo
O parque empresarial de Arbo (Pontevedra) dispón de 85.436 metros cadrados de superficie total e 46.443 metros cadrados de uso empresarial. O parque está dividido en 39 parcelas, 15 están dispoñibles que suman 17.544 m2.
Promovido por Xestur Galicia, o parque está situado na localidade de San Xoán de Barcela (Arbo), na comarca da Paradanta. Está en funcionamento dende o ano 2004, aínda que desenvolvido en dúas fases.
Este parque localízase a 54 quilómetros da cidade de Vigo e do seu porto. O aeroporto de Vigo-Peinador atópase a 43 quilómetros de distancia. Dispón de conexión coa autovía das Rías Baixas (A-52) a 17 quilómetros. Tamén conta con acceso á autovía do Atlántico (A-55) e á autoestrada do Atlántico a 30 km.
Dada súa proximidade coa fronteira portuguesa, unida mediante a ponte sobre o río Miño, dispón tamén de boas conexións co porto de Leixões, a 160 km, e o aeroporto Sá Carneiro, a 154 km, ambas infraestruturas no norte de Portugal.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 85.436,00
- Superficie parcelas (m²) 46.443,54
- Número de parcelas 37
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Suministro Electrico
- Alumeado Publico
- Rede Telecomunicacions
- Abastecemento
- Saneamento fecais e pluvais