P.E. CT.Pontecaldelas
P.E. CT.Pontecaldelas
O parque empresarial da Central de Transportes de Ponte Caldelas (Pontevedra) conta cunha extensión total de 86.963 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 36.493 metros cadrados. O parque organízase en 42 parcelas. A súa entrada en funcionamento está prevista para o ano 2028, xa que se atopa en fase de urbanización.
Este parque, promovido por Xestur Galicia, intégrase nunha área loxística empresarial da comarca de Pontevedra, formada polos parques empresariais lindeiros da Reigosa (Ponte Caldelas) e do Campiño (Pontevedra).
Aínda que inicialmente estaba deseñada como unha central loxística de transporte viario, que non espertou o interese do sector, aprobouse a súa transformación en parque empresarial para adaptala ás novas necesidades da comarca de Pontevedra e rendibilizar o investimento público.
Localizado a 8 quilómetros de Pontevedra, dispón de boas comunicacións por vías de alta capacidade: o acceso á autovía Pontevedra-A Caniza (A-57) está a 3,6 km e a conexión coa autoestrada do Atlántico (AP-9), a 8 km. Ademais, o porto de Marín-Pontevedra está situado a 13 km e o aeroporto de Vigo-Peinador, a 32 km.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 86.963,00
- Superficie parcelas (m²) 37.252,00
- Número de parcelas 43
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
Servizos non dispoñibles.