P.E. Lalín 2000
P.E. Lalín 2000
O parque empresarial Lalín 2000 conta cunha extensión total de 536.758 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 263.648 metros cadrados. Só queda dispoñible unha parcela de 2.008 m2 das 198 construídas.
Ante o esgotamento deste ámbito, Xestur Galicia está a executar as obras de urbanización da fase VI, que suporá engadir 313.497 metros cadrados de superficie bruta, dos que 167.410 serán de solo empresarial. Cando rematen as obras, previstas para o ano 2028, o parque contará cunha extensión de 850.256 m2, dos que 431.059 serán de superficie útil. A fase de ampliación estará distribuída en 42 parcelas, cun tamaño que pode oscilar entre os 1.131 e os 56.690 m2, como máximo.
Localizado na capital do Deza, situado estratexicamente no centro de Galicia, o parque Lalín 2000 foi desenvolvido en sucesivas fases, con participación do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que executou as fases I, II e III, e de Xestur Galicia, que ten asumida a xestión deste ámbito. Co paso do tempo, converteuse no polo de dinamización económica da comarca, cunha forte implantación do sector rural.
Conta con acceso directo á autoestrada Central Galega (AP-53), que une as cidades de Santiago de Compostela (a 47 quilómetros) e Ourense (60 km) e que permite tamén as conexións coa autoestrada do Atlántico (AP-9) e a autovía das Rías Baixas (A-52). O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está a 57 km de distancia e o porto de Marín-Pontevedra, a 78 km.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 853.718,00
- Superficie parcelas (m²) 419.683,12
- Número de parcelas -
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Electricidade Alumedado Publico Saneamento Abastecemento Rede de Telecomunciacions Hotel Restauracion-Cafeteria