P.E. Mos-Redondela
P.E. Mos-Redondela
O parque empresarial de Mos-Redondela ten 761.670 metros cadrados totais e unha superficie de uso empresarial de 402.609 metros cadrados. O parque organízase en 116 parcelas e non conta con ningunha delas libre.
Promovido por Xestur Galicia, sitúase no corazón da área industrial de Vigo e a súa área metropolitana. Ante o esgotamento do solo dispoñible, Xestur xa iniciou a tramitación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) para abordar a ampliación do ámbito, que prevé engadir 399.976 metros cadrados máis, dos que 275.318 serán de superficie útil.
Conta cun acceso privilexiado ao aeroporto de Vigo-Peinador, a tan só 5 quilómetros de distancia, e á autoestrada do Atlántico (AP-9), a menos de 6 km. A cidade de Vigo e o seu porto están a 17 km, mentres que Pontevedra está a 25 km. Ademais, conta cunha conexión, mediante a estrada N-550, a 8 quilómetros, coa autovía das Rías Baixas (A-52) e a autovía Vigo-Fronteira Portuguesa (A-55).
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 761.670,00
- Superficie parcelas (m²) 402.609,00
- Número de parcelas 116
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
Servizos non dispoñibles.