P.E. PMOS-Veigadaña
P.E. PMOS-Veigadaña
O parque empresarial de PMOS-Veigadaña, na localidade pontevedresa de Mos, conta cunha extensión total de 776.023 metros cadrados e cunha superficie de uso empresarial de 392.939 metros cadrados. Dispón de 83 parcelas e na actualidade non hai ningunha dispoñible.
O parque, promovido por Xestur, está situado estratexicamente na área de influencia de Vigo, con outros polos empresariais próximos, como son o parque empresarial de Mos-Redondela ou os polígonos industriais das Gándaras e A Granxa, no concello lindeiro do Porriño.
Este ámbito conta con acceso á autovía das Rías Baixas (A-52) a 3 quilómetros e á autovía Vigo-Fronteira Portuguesa (A-55) a 2 km. O porto e a cidade de Vigo están a 20 km de distancia e o aeroporto de Vigo-Peinador, a 9 km.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 776.023,00
- Superficie parcelas (m²) 392.939,00
- Número de parcelas 83
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Canalizacion Gas Natural Telecomunicaciones. Posibilidade Fibra Optica Abastecemento Saneamento Servicio recollida Basuras Alumeado Publico