P.E. A Reigosa (Pontecaldelas)
P.E. A Reigosa (Pontecaldelas)
O parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas (Pontevedra), dispón de 493.096 metros cadrados de extensión e 284.247 metros cadrados de superficie de uso empresarial. O parque organízase en 52 parcelas e conta con 8 delas dispoñibles, que suman 75.153 m2.
Promovido por Xestur, este parque forma parte dunha área loxística empresarial formada xunto cos parques lindeiros do Campiño (Pontevedra) e a Central de Transportes (Ponte Caldelas), dando servizo a toda a comarca de Pontevedra.
Localizado a 8 quilómetros de Pontevedra, dispón de boas comunicacións por vías de alta capacidade: o acceso á autovía Pontevedra-A Caniza (A-57) está a 4 km e a conexión coa autoestrada do Atlántico (AP-9), a 8 km. Ademais, o porto de Marín-Pontevedra está situado a 13 km e o aeroporto de Vigo-Peinador, a 32 km.
Características urbanísticas
- Provincia Pontevedra
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 493.096,67
- Superficie parcelas (m²) 284.247,22
- Número de parcelas 52
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Rede de gas natural
- Telecomunicacions
- Posibilidade de Fibra Optica
- Posibiliade de acometer en BT y MT en todas las parcelas
- Abastecemento
- Saneamento Pluviais
Documentación
Vista aérea do parque empresarial