P.E. Carballo
P.E. Carballo
O parque empresarial de Bértoa, localizado no municipio coruñés de Carballo, conta cunha superficie superior de 718.482 m2, dos que 458.619 son de uso industrial.
Na actualidade, dado que non hai solo dispoñible, Xestur Galicia está a levar a cabo a súa ampliación, coa fase II A e B, que suporá incrementar a superficie actual en 629.587 m2.
Este parque empresarial, que iniciou a súa actividade en 1990 e no ano 2011 incrementou a súa superficie ata acadar a dimensión actual, actúa como polo dinamizador da economía da comarca de Bergantiños.
Dispón de acceso directo á autovía A Coruña-Carballo (AG-55), que conecta tamén coa autovía do Noroeste (A-6) a 22 km. Está situado a 30 km da Coruña e a 35 km do aeroporto da Coruña. O porto exterior de Punta Langosteira está a 30 km. Tamén ten boa conexión con Santiago de Compostela (48 km) e co aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (54 km).
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 718.482,00
- Superficie parcelas (m²) 458.619,00
- Número de parcelas 128
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Video do parque
Infraestruturas dispoñibles
- Enerxía eléctrica en BT/MT Alumeado público Rede de telefonía Telecomunicacións Abastecemento Saneamento Pluviais Preinstalacion gas