P.E. Curtis
P.E. Curtis
O parque empresarial de Curtis (A Coruña) conta cunha superficie superior aos 1.700.000 m2, dos que pouco máis dun millón de m2 son de uso industrial.
Situado na localidade de Teixeiro, deste concello da comarca de Ordes, foi promovido inicialmente pola Entidade Pública Empresarial de Solo (Sepes). Na actualidade non hai parcelas dispoñibles.
Dispón de acceso mediante a estrada N-634 (Santiago de Compostela-San Sebastián), que conecta coa autovía do Noroeste (A-6) a 8 km e coa autovía do Cantábrico (A-8), a 26 km.
Está localizado a 50 km da cidade portuaria da Coruña e a 51 km do aeroporto da Coruña. Tamén ten conexión coa autovía Santiago-Lugo (A-54) a 46 km, co aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro a 48 km e coa capital de Galicia (60 km).
Características urbanísticas
- Provincia A Coruña
- Promotor Xestur
- Superficie total (m²) 1.791.099,00
- Superficie parcelas (m²) -
- Número de parcelas 3
- Parcelas libres
Plano interactivo:
Explora as fases, estados e detalle das parcelas.
Seleccionar fase
O plano SVG aínda non está dispoñible. Engade o arquivo para activar a visualización.
Os prezos das parcelas ofertadas son válidos salvo erro tipográfico ou informático.
* Parcelas con prezo bonificado tras aplicar as bonificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Infraestruturas dispoñibles
- Abastecemento, Saneamento, Gas, Electricidade, Fibra